A Comunidade de montes en man común de Faro reunirase o 6 de marzo no Páramo

SarriaXa
La comunidad de montes en mano común de Faro perteneciente a la parroquia de Friolfe en O Páramo se reunirá el 6 de marzo.
Monte.
21 Feb 2022

O 6 de marzo a comunidade de montes en man común de Faro celebrará unha asemblea xeral ás 11.00 horas en segunda convocatoria. A xuntanza terá lugar no antigo concello. Esta comunidade pertence á parroquia de Friolfe no Páramo.

Nesta reunión os comunitarios estudarán o censo de comuneiros, o estado de contas e a ratificación do plan de reinvestimentos. Ademais, falarán da empresa que asumirá a asesoría. A situación das antenas tamén terá o seu protagonismo e tratarase o procedemento de deslinde.

Galicia conta, a día de hoxe, con máis de 2.900 Comunidades de Montes Veciñais en man común, encargadas de xestionar máis de 700.000 hectáreas de monte veciñal, estendéndose por 248 dos 316 Concellos de Galicia, e ocupando un 25% do territorio galego aproximadamente. Os montes veciñais en man común son unha forma de copropiedade, cunha regulación específica, que prevé que os montes veciñais son bens indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables, dada a súa especial natureza colectiva.

A propiedade comunal dos montes veciñais en man común é de natureza privada e colectiva, con independencia da súa orixe, correspondendo a súa titularidade dominical e aproveitamento, sen asignación de cotas, ao conxunto dos veciños con casa aberta e residencia habitual nas entidades de poboación ás que tradicionalmente estivese adscrito o seu aproveitamento.

A través dela, xéranse importantes beneficios para o territorio desde o punto de vista social, económico e ambiental, coa súa correspondente revalorización, pero tamén como xerador de emprego, permitindo así un maior goce do terreo por parte da comunidade de veciños. Estas comunidades xestionan a segunda fase do ciclo produtivo, o que supón unha transformación dos recursos dispoñibles nestes territorios e o aproveitamento forestal dos mesmos.

As Comunidades de Montes ocúpanse da administración e uso sostible dos montes co obxectivo de manter e conservar a súa biodiversidade, produtividade e capacidade de rexeneración, mediante un aproveitamento responsable e sostible, desde o punto de vista ecolóxico, social e cultural.

0.11564993858337