A Concellería de Deportes de Sarria ten aberto o prazo de solicitude para utilizar as instalacións deportivas

SarriaXa
A Concellería de Deportes de Sarria abriu o prazo de solicitude para utilizar as instalacións deportivas na tempada próxima
iluminacion campo ribela sarria
4 Aug 2023

O Concello de Sarria vén de anunciar que a Concellaría de Deportes acaba de abrir o prazo de solicitude para a utilización das instalacións municipais para a tempada 2023/24.

Este dereito terano os clubs deportivos do municipio e ábrese xa o prazo coa finalidade de poder organizar e coordinar un calendario común con suficiente antelación.

A instancia para formalizar a solicitude rematará o 7 de agosto e poderase obter presencialmente no Rexistro Xeral do concello ou telematicamente a través da Sede Electrónica.

⚙ Configurar cookies
0.86286592483521