A Confederación de Veciños reclama a restitución das oficinas bancarias

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
La CoGaVe exigimos la restitución inmediata de las oficinas bancarias eliminadas en los municipios de las 4 provincias de Galicia.
caixeiro autonomaticos
8 Sep 2021

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro (CoGaVe), que aglutina as principais Federacións de Asociacións Veciñais de Galicia e un total de, aproximadamente, 500 asociacións, manifestou o seu "profundo descontento" con motivo da supresión de oficinas bancarias en Galicia –especialmente en zonas de contorna rural, aínda que tamén de contorna urbana-, q"ue unida á redución de persoal de atención ao público, está a orixinar numerosas situacións de caos organizativo para os usuarios, coa formación de longas colas de espera no exterior das oficinas –á intemperie- e, en numerosos casos, tratándose de persoas de idade avanzada e/ou con problemas de saúde", explican dende a asociación.

Desde a CoGaVe consideramos "inaceptable" que o horario de atención ao público en portelo estea tan limitado –sendo en numerosos casos, "unicamente ata as 11 da mañá". "Esta situación, así como as anteriores, provoca que numerosas persoas de idade avanzada e/ou con dificultades de mobilidade ou para desprazarse á oficina bancaria, deban solicitar polos seus propios medios un taxi –co sobrecusto económico que iso supón-; e, motivado pola limitación horaria de atención ao público, tamén en numerosos casos, tras abonar o servizo de taxi, non son atendidos pola entidade bancaria, por acceder ao interior da oficina minutos despois das 11 da mañá, a pesar de estar na cola de espera con anterioridade. Consideramos este feito, en todo punto, inaceptable, xa que se trata da atención a quen é os clientes directos das entidades bancarias, grazas aos cales, estas obteñen os seus cuantiosos beneficios; e supón, por tanto, unha grave falta de respecto aos mesmos, ademais dun claro menoscabo aos seus dereitos como clientes", explican.

Indican que a maior parte de oficinas bancarias suprimidas correspóndense coas zonas rurais, que é onde residen maioritariamente persoas de idade máis avanzada, e que, "en numerosos casos, non dispoñen dun dominio suficiente das novas tecnoloxías ou carecen por completo dos recursos técnicos necesarios para o exercicio das mesmas, como para ser redirixidos á banca electrónica ou ás novas tecnoloxías en xeral, ou ao propio manexo dun caixeiro automático sen axuda ou atención engadidas".

No seu escrito, a CoGaVe, afirma que os prexudicados directos do peche de oficinas bancarias son os propios clientes das entidades, "grazas aos cales estas obteñen cuantiosos beneficios económicos, e en contrapartida mesmo someten, en numerosos casos de forma ineludible –ante a obrigatoriedade de dispoñer dunha conta bancaria-, aos seus clientes ao pago de comisións abusivas".

Por tanto, esixen aos responsables nesta materia a restitución urxente das oficinas bancarias eliminadas, tanto nas zonas rurais como nas urbanas dos diferentes municipios das 4 provincias galegas; o incremento de persoal e recursos técnicos e humanos para a atención personalizada aos usuarios.

Así mesmo ás entidades bancarias esixen tamén a devolución, por parte das entidades bancarias, da cantidade correspondente "ao rescate bancario que percibiron ao longo dos pasados anos, e que é -cabe lembrar- diñeiro público e, por tanto, de pertenza de todos os cidadáns e cidadás".

PARTIDO POPULAR

Os alcaldes do Partido Popular afectados polos peches das oficinas mantiveron unha reunión na que demandan unha “estratexia nacional” para non perder servizos bancarios nos concellos da provincia de Lugo que “supón un impacto negativo para o desenvolvemento de boa parte do noso territorio”.

Aseguraron que “o Partido Popular da provincia de Lugo levará iniciativas ás distintas institucións demandando ao Goberno de España un plan estatal para combater o peche de oficinas bancarias nas zonas menos poboadas. É dicir, os entornos non urbanos”. E engadiu que “debe ser unha normativa coordinada coas administracións autonómicas, provinciais e locais e que inclúa medidas para facilitar o acceso da poboación a estes servizos”. Así mesmo, sinalan os populares que “debe ser o Goberno de España o que, a través do Banco de España, esixa ás entidades bancarias ratios de prestación de servizo moito máis inferiores” para “garantir uns servizos financeiros mínimos e a igualdade de condicións no seu acceso tanto para a poboación urbana coma para a do rural”.

Consideran dende o PP que “é necesaria a implicación de tódalas administracións, sen importar as cores políticas, na procura dunha solución a nivel nacional a este problema”; e a conveniencia de “chegar a acordos” co único obxectivo de evitar a exclusión financeira da nosa provincia”.

A este respecto, convidan “aos alcaldes, ao Goberno da Deputación de Lugo e aos representantes do PSOE na provincia a presionar ao Goberno do seu partido para que tome medidas ante a situación de exclusión financeira nos concellos lucenses e elabore unha normativa que garanta uns servizos financeiros mínimos”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15517592430115