A conselleira de Vivenda reúnese coa alcaldesa de Triacastela para tratar melloras en infraestruturas

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Triacastela, María Olga Iglesias.
Durante o encontro, ambas responsables abordaron diversas actuacións en materia de infraestruturas que resultan de interese para este concello lucense.
O Goberno galego segue a ofrecer a súa colaboración aos concellos co obxectivo de promover intervencións que melloren a calidade de vida dos cidadáns e reforcen a competitividade económica, ao mesmo tempo que procuran fixar poboación nas zonas rurais.