A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, deu o pregón da 46º edición das Feiras de Primavera do Páramo
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, deu o pregón da 46º edición das Feiras de Primavera do Páramo, unha tradicional cita de importancia para o sector agrogandeiro que se celebra esta fin de semana na localidade lucense.
Gómez agradeceu a implicación dos organizadores do evento, a Asociación de Amigos do Campo da Feira, e destacou a colaboración da corporación municipal, especialmente do alcalde do Concello, José Luis López, que tamén estivo presente ao igual que o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
A titular da Consellería de Medio Rural fixo referencia ao peso de O Páramo e da comarca de Sarria como peza clave para o desenvolvemento do sector primario galego, especialmente o do lácteo, que convirte á comunidade en referente nacional e europeo. Así, indicou que Galicia é líder en produción de leite en España e que se atopa tamén entre as primeiras dez rexións europeas nesta cuestión.
No referente á oferta de actividades das Feiras de Primavera, a conselleira valorou a oportunidade de atopar gando bovino de calidade e de desfrutar dunha celebración festiva arredor do mundo rural e gandeiro.