A construtora duns chalés de Sarria foi sancionada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil

SarriaXa
A Confederación Hidrográfica do Miño Sil vén de abrir un expediente sancionador a unha construtora de Sarria despois de que unha veciña denunciara que nunha zona onde hai catro chalés á venda inúndase continuamente.
A_Ponte_Vella_de_Sarria
20 sep 2023

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil vén de abrir un expediente sancionador a unha construtora de Sarria despois de que unha veciña denunciara que nunha zona onde hai catro chalés á venda inúndase continuamente.

Así, a CHMS comprobou o estado da zona e denominou ao lugar como unha zona de escorredura de augas pluviais, o que podería derivar en determinar que a empresa cometeu unha infracción leve.

A empresa, pola súa parte, defende que as leiras das casas sofren inundacións igual que outras zonas de Sarria, como pode ser as Insuas, polo que non cren que sexa un “problema excepcional”.

Porén, a CMHS abriu un expediente sancionador á construtora por incumprir o artigo 47 da Lei de Augas, que explica que non se poden facer obras que impidan o paso das augas que descenden naturalmente.

0.17342495918274