A contorna do monumento ao peregrino de Triacastela será mellorada
SarriaXa
A contorna do monumento ao peregrino de Triacastela será mellorada grazas a unha subvención concedida pola Xunta
3 Jun 2023
O Concello de Triacastela recibiu unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia de 13.335 euros para mellorar a contorna do monumento ao peregrino.
Así, construirase un muro e limparanse tanto as beirarrúas como as paredes para protexer a escultura de posibles efectos nocivos e conservala, xa que foi construída en 1965.
Desta maneira, a intención é a de poñer en valor a figura do peregrino, que é un símbolo institucional do Concello de Triacastela, no que a súa alcaldesa representa tamén á Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés.