A Copa Deputación celebrou esta fin de semana unha nova sesión

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Non xogaron os de Primeira e Preferente, que xa fixeron a ronda previa e van a oitavos o 19 de marzo, pero os de Segunda e Terceira escolleron aos seus 16 finalistas
vitoria-muimenta-copa
18 Feb 2026

A Copa Deputación de fútbol aproveitou estes días festivos para celebrar unha nova eliminatoria, aínda que non en todas as categorías.

Non xogaron os de Primeira e Preferente, que xa fixeron a ronda previa e van a oitavos o 19 de marzo, pero os de Segunda e Terceira escolleron esta fin de semana longa aos seus 16 finalistas que celebrarán na mesma data do mes que vén a fase de oitavos.

O resultado máis destacado da sesión foi o 9-0 que marcou o Casás para derrotar ao Castroverde. Avultada tamén foi a vitoria do Muimenta, que superou ao Roupar por 6-1, ou a do Ferreira (3-0) ante o Antas.

A estas tres sumáronse os pases de numerosos equipos por vitoria no verde como Xermade, Matela, San Roque, Santa Comba, Quiroga, Pontenova, Candelaria e Guitiriz.

Tiveron que chegar aos penaltis para meterse na seguinte fase o Rubián, o Lemos B, o Riotorto, o Paradela e o Friol.

En adultos da feminina non tocou tampouco xogar, xa que esperan a chegada dos cuartos, pero si houbo tamén competición nas ligas de base. Na xuvenil clasificáronse Lourenzá, Río Ouro, Ribadeo B, Palas, Antas, Sagrado Corazón, San Roque, Meira, A Piringalla e Ferroviaria impoñéndose no campo. Na quenda de penaltis as vitorias foron para Corgo B, Ribadeo, Viveiro B, Sarriana e A Piringalla B, quedando o duelo Palas B-Residencia B pendente para marzo.

En cadetes celebráronse os cuartos, con vitoria clara para Sarriana (1-11), Viveiro, Milagrosa, Ribadeo, A Piringalla, Viveiro C e Burela. Aos penaltis chegaron no Residencia B-Becerreá, con vitoria para os locais.

Na infantil, na que tamén se celebraron os dezaseisavos, as vitorias contundentes foron para Vilalbés, Ribadeo, Guitiriz, Lugo B, Viveiro, Foz, Abuín e Lourenzá. Máis axustados gañaron Sagrado Corazón B, Sarriana, Burela, Becerreá, Palas, Vilalbés B e A Piringalla B. Quedou tamén un partido pendente entre Ribadeo B e Residencia B.

⚙ Configurar cookies
0.072800874710083