A Coral Polifónica do Concello de Sarria celebra o II Encontro Coral Irmandade de Sarria
SarriaXa
Trátase dun acto aberto a toda a cidadanía, que poderá gozar dunha noite de música coral na que se estreita a irmandade entre estas agrupacións

7 Jun 2025
A Coral Polifónica do Concello de Sarria organiza o II Encontro Coral Irmandade de Sarria, que terá lugar este domingo, 8 de xuño, a partir das 20.00 horas na Sociedade A Unión.
Nesta cita musical participarán os Cantareiros da Unión, o Coro Voces Novas de Sarria, o Coro Sarricanta e a propia Coral Polifónica do Concello de Sarria.
Trátase dun acto aberto a toda a cidadanía, que poderá gozar dunha noite de música coral na que se estreita a irmandade entre estas agrupacións.