A Corporación Municipal de Sarria solidarízase coa vítima dunha agresión sexual de forma unánime

SarriaXa
Desde a Corporación Municipal de Sarria anuncian, de xeito unánime, "a nosa solidariedade coa vítima dunha agresión sexual rexistrada nun pub de Sarria a finais do pasado mes de setembro e a nosa enérxica repulsa e condena ante calquera manifestación de violencia machista, ao tempo que solicitamos que se diriman canto antes as responsabilidades penais que poidan derivarse".
12 Out 2023

Así, din que agradecen a "eficaz e dilixente actuación das forzas da orde á hora de investigar o acontecido e lamentamos que o nome de Sarria se vexa relacionado cuns feitos lamentables que non responden ao firme compromiso das forzas políticas locais de que este concello sexa un espazo seguro para as mulleres e libre de violencia machista", sostiveron.

Desta maneira, todos os grupos representados na Corporación Municipal "reiteramos o noso compromiso para que este tipo de sucesos non volvan producirse e poñemos todos os recursos dos que dispón este concello ao servizo de calquera muller agredida".

Por último, destacaron que "seguiremos a traballar na formación, concienciación e sensibilización para xerar entre todas e todos unha cultura de rexeitamento absoluto da violencia machista, de promoción das relacións igualitarias e de respecto absoluto polas mulleres, para que se sintan libres e seguras en todo momento e en calquera lugar do noso municipio".

0.14035201072693