A Cova Eirós de Triacastela foi protagonista na III edición de Cazadores de Petróglifos

SarriaXa
A Cova Eirós de Triacastela foi protagonista na III edición de Cazadores de Petróglifos que se celebrou en Campo Lameiro
Cova Eirós PAAR
27 May 2023

A investigadora do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico. Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da USC, Tania Mosquera, deu unha charla titulada ‘Cova Eirós e a arte rupestre das últimas sociedades cazadoras recolectoras’.

Esta charla tivo lugar ás 10.30 horas do pasado sábado no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, en Pontevedra, onde se celebrou a terceira edición Cazadores de Petróglifos.

Así, durante a súa exposición, a investigadora deu a coñecer as investigación máis recentes das manifestacións gráficas do final do Paleolítico da cova de Eirós de Triacastela.

Ademais de Tania Mosquera, Miguel Carrero, doutor en Prehistoria e docente da USC; David Fernández Abella, investigador do grupo EcoPast da USC; Antón Bouzas e Luis Leclere, do colectivo A Rula; Rafael Quintiá, presidente da Asociación Antropolóxica Galega; e Fátima Martínez e Patricia Novas, do PARA; participaron do encontro.

0.14994287490845