A Cova Eirós foi protagonista nun congreso celebrado nos Estados Unidos
Os descubrimentos arqueolóxicos na Cova Eirós de Triacastela déronse a coñecer no congreso da Sociedade Americana de Arqueoloxía, celebrado en Nova Orleans.
Así, os investigadores presentaron a arte rupestre atopada dentro da cova e as súas similitudes con motivos atopados tamén no Val do Côa, ao norte de Portugal, un estudo de Tania Mosquera con Ramón Fábregas, André Santos, Xosé Pedro Rodríguez e Arturo de Lombera, codirector na escavación da Cova Eirós.
Tamén presentaron o estudo que relaciona os grupos do interior de Lugo do Paleolítico Superior coa esfera cantábrica e la meseta a través da ‘arte moble’, como azagaias decoradas ou colgantes.
Así, poder dar a coñecer estes descubrimentos axudan a visibilizar a nivel internacional os traballos que se levan a cabo na Cova Eirós, que volverán a levarse a cabo nunha nova campaña no mes de agosto para seguir escavando na Cova e nos arredores.