A Cova Eirós, "o Fisterra da arte paleolítica"
As pinturas rupestres da Cova Eirós de Triacastela demostran que a arte paleolítica perdura máis alá das áreas tradicionais e ata fai 9.500 anos, segundo un artigo que vén de ser publicado no 'Journal of Archeological Sciencia: Reports'. Nesta cavidade atópanse as últimas manifestacións simbólicas das sociedades cazadoras e recolectoras.
Segundo a Universidade de Santiago de Compostela, trátase dun "verdadeiro Fisterra da arte paleolítica", en palabras dos investigadores do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da USC, autores do novo escrito científico.
O artigo demostra que as manifestacións artísticas de Cova Eirós amplían a distribución xeográfica e a continuidade cronolóxica da arte da tradición figurativa paleolítica.
Esta nova contribución científica dalle continuidade aos traballos arqueolóxicos que se veñen realizando dende fai anos na Cova Eirós, onde foron descubertas en 2011 as primeiras pinturas rupestres de Galicia, con 9.500 anos de antigüidade.