A Cruz Vermella Española foi homenaxeada no derbi entre o Sarriana e o Lemos B

SarriaXa | RibeiraSacraXa
El derbi entre el Sarriana y el Lemos B puso al equipo local líder y se aprovechó para homenajear a la Cruz Roja Española.
Cruz Roja Sarriana 2
20 Dec 2021

O SD Sarriana nomeou coma socio de honra do club pola súa colaboración coa entidade durante os tempos pandémicos á Cruz Vermella Española. Esta, foi homenaxeada no partido contra o Lemos B nesta fin de semana.

O presidente Jaime Capellá, acompañado dos voluntarios, fixo un saque de honra para recoñecer o labor ofrecido por esta organización durante a pandemia.

DERBI
O derbi contra o Lemos B xogado na Ribela acadou un resultado final de 1-0. Os locais lograron poñerse por diante no minuto 13 despois do gol que marcou Diego. O resto do enfrontamento, o Sarriana encargouse de defender o resultado para sumar os tres puntos e colocarse na primeira posición da clasificación.

No que vai de liga, o SD Sarriana xogou 14 partidos dos que gañou 11 e perdeu 3. As derrotas foron contra o Atl. Coruña Montañeros CF, contra As Pontes e os Mugardos.
Despois do descanso do Nadal o Sarriana descansará na xornada 16 e retomará a actividade o 16 de xaneiro contra o Ribadeo.

0.17361688613892