A curta 'Mudanza' triunfa no Festival CityBlue Films cun premio á Mellor Temática Social

SarriaXa
A paradelense Sonia Arias logra o recoñecemento internacional cun filme que mestura paisaxe galega e forte carga emocional
equipo-Mudanza-Sonia-Arias-Vigo
8 Dec 2025

A curtametraxe Mudanza, da paradelense Sonia Arias, vén de obter o premio á Mellor Temática Social no Festival Internacional de Cine CityBlue Films, un galardón que subliña a calidade dunha proposta seleccionada como A elección do proxecto entre 864 traballos procedentes de 43 países.

Este recoñecemento destaca o labor da creadora e do seu equipo galego, que apostaron por unha obra na que a beleza da paisaxe galega se entrelaza cunha historia profundamente emotiva e social.

Durante o festival, Sonia Arias estivo acompañada polo equipo técnico, responsables da produción, gravación e posprodución dunha curtametraxe que xa foi proxectada en dúas ocasións en Sarria e nun pase especial en Paradela. tamén estivo a actriz protagonista,  Saamira Ganay.

A directora explicou que vive esta etapa con enorme ilusión, asegurando que está moi “emocionada” e que o galardón acadado “era o que queriamos, porque ten unha parte social moi importante”. Tamén destacou que para ela foi “un privilexio emocionar a unha sala tan grande nun festival internacional”, unha experiencia que considera inesquecible e que reforza a traxectoria do proxecto.

⚙ Configurar cookies
0.078865051269531