A curtametraxe 'Mudanza' entra na shortlist dos Premios Mestre Mateo

O curtametraxe Mudanza vén de dar un novo paso na súa traxectoria ao ser incluído na shortlist dos prestixiosos Premios Mestre Mateo, un fito que supón un importante impulso de cara ás nominacións e un recoñecemento ao traballo colectivo desenvolvido arredor do proxecto. Desde o equipo destacan este avance como unha mostra da paixón e do esforzo investidos na creación dunha obra que continúa gañando visibilidade dentro e fóra de Galicia.
O proxecto vén ademais de sumar recentemente un novo galardón ao seu palmarés, logo de acadar o pasado 6 de decembro o premio á Mellor Temática Social no Festival Internacional de Cine CityBlue Films. Este recoñecemento pon en valor a calidade dunha proposta que foi seleccionada como elección do proxecto entre un total de 864 traballos procedentes de 43 países, nun certame de marcado carácter internacional.
A autora do relato, Sonia Arias, natural de Paradela, quixo salientar unha vez máis o papel fundamental de todo o equipo técnico e do elenco artístico que fixeron posible a gravación do curto. A creadora subliña tamén a importancia de ter rodado Mudanza en distintos puntos da comarca de Sarria, contribuíndo así a poñer en valor a paisaxe e o territorio, e situando a comarca no mapa a través do cinema.