A depuradora de Triacastela será ampliada cunha achega da Xunta e fondos propios do Concello

SarriaXa
O Concello de Triacastela recibirá 510.
29 Dec 2023

O Concello de Triacastela recibirá 510.000 euros da Xunta de Galicia para ampliar a depuradora municipal, obras para as que o Concello tamén investirá 56.000 euros.

As obras incluirán aumentar a capacidade da estación de tratamento de augas residuais para poder dar servizo aos 611 habitantes, xa que agora só dá servizo a 350.

Ademais, mellorarase o funcionamento da planta cunha decantación primaria, adaptándose ás restricións de espazo da parcela e terá un novo equipo de desinfección ultravioleta.

Procedemento burocrático

As actuacións serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico de política agraria común (PAC).

Pola súa parte, o Concello de Triacastela deberá facer a tramitación municipal do seu 10 % para que Augas de Galicia poida licitar as obras e inicialas no segundo semestre de 2024.

A Xunta de Galicia e o Concello de Triacastela, así, deberán firmar un convenio para comezar a elaborar a documentación municipal perceptiva e poñer a disposición os terreos nos que se vai facer a obra, así como deberá aprobarse no municipio o proxecto para tramitar a información pública.

Despois, a Xunta de Galicia poderá así iniciar a tramitación e a licitación das obras, que se prevén iniciar no segundo semestre do ano 2024 e terán un prazo de execución de seis meses.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15508103370667