A Deputación apoia a Festa do Motor 4x4 da Comarca de Sarria

SarriaXa
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro mantivo un encontro cos organizadores da cita
organizadores-do-4X4-SARRIA
Encontro de Efrén Castro cos organizadores
31 Maio 2024

O club Os Carro x Catro celebra este sábado, 1 de xuño, en Sarria a Festa do Motor 4x4 Comarca de Sarria.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro mantivo un encontro cos organizadores da cita que pon o foco nesta comarca para os amantes do motor. Contará con representantes de toda Galicia, Asturias e Castela e León en diferentes vehículos 4x4 como todoterrenos, motos ou quads.

Efrén Castro destacou “o apoio da área provincial ao deporte do motor coa achega de investimento ás diferentes citas que se dan na provincia pero tamén coas axudas a pilotos de rally”.

0.079881906509399