A Deputación capta Fondos Europeos para a modernización dos padróns municipais

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Este proxecto porá en marcha un novo sistema de xestión da información que se contrastará coa que manexa o INE
deputacion-lugo-san marcos
Pazo de San Marcos
26 Jul 2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres aceptar un investimento demáis de 1,2€ de Fondos Europeos para desenvolver un novo proxecto que servirá para a modernización dos padróns municipais da provincia. Así o informou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, quen explicou que o Ministerio de Política Territorial comunicou a súa decisión de conceder á institución provincial 1.260.000€ para desenvolver o proxecto Xeopadrón.

Rivera Capón indicou que estes fondos, que forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia habilitado polo Goberno do Estado, beneficiarán aos 67 concellos da provincia e permitiranlles seguir mellorando o funcionamento dos propios Concellos e prestar así un mellor servizo público aos veciños e veciñas.

“O que imos levar a cabo con esta importante dotación económica é a revisión en profundidade da información que o Instituto Nacional de Estatística ten en cada concello sobre os habitantes empadroados e as súas vivendas”, detallou. “En concreto, poñeremos en marcha un novo sistema de xestión da información sobre os territorios de ámbito municipal, revisando os datos do padrón que ten cada concello e contrastándoos cos que dispón o Instituto Nacional de Estatística (INE). Deste xeito, o INE contará cunha información depurada, contrastada, veraz e actualizada en relación aos habitantes de cada municipio”, avanzou o Deputado.

Nas súas palabras destacou que “a concesión desta axuda económica vén a demostrar a capacidade que temos dende a Deputación de Lugo para conseguir fondos da Unión Europea”. Lembrou que actualmente a institución provincial ten en marcha diferentes proxectos grazas a que captou máis de 4M€ deste mesmo plan para o programa Impulsa TIC, co que “levamos a cabo actuacións tan relevantes como integrar a administración electrónica dos concellos cos servizos da Administración Xeral do Estado, implantar postos de traballo intelixentes que permiten mellorar a resiliencia dos municipios, crear oficinas de asistencia en materia de rexistro, implantar un sistema de gravación nos plenos dos concellos da provincia, ou mellorar a accesibilidade das páxinas webs municipais, aumentando así a transparencia dos concellos”. Tamén lembrou outros programas como o Acelera Peme, co que “prestamos asesoramento a empresas da provincia en cuestións de dixitalización”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12864518165588