A Deputación de Lugo e a CEL reciben en Láncara a unha delegación empresarial cubana

SarriaXa
O deputado de Promoción Económica e Social e tenente alcalde de Láncara, Pablo Rivera Capón, recibiu en Láncara xunto ao secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, a unha delegación empresarial cubana encabezada polo presidente da Cámara de Comercio do país caribeño, Antonio Luis Carricarte Corona.
deputacion_cel_lancara
13 Maio 2024

O deputado de Promoción Económica e Social e tenente alcalde de Láncara, Pablo Rivera Capón, recibiu en Láncara xunto ao secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, a unha delegación empresarial cubana encabezada polo presidente da Cámara de Comercio do país caribeño, Antonio Luis Carricarte Corona. Unha xornada que se enmarca nunha visita máis ampla que esta delegación cubana fará pola provincia co obxectivo de fortalecer os lazos entre ambos territorios e favorecer os intercambios comerciais.

No encontro, a delegación –na que viaxan representantes dunha decena de empresas do Caribe e da que forman parte tamén representantes da Embaixada de Cuba en España- reuniuse co alcalde na Casa do Concello, visitaron a Casa-Museo Ángel Castro e mantiveron unha comida de traballo en Casa Toirán.

Durante os vindeiros días, os representantes cubanos realizarán visitas institucionais e encontros con diferentes representantes públicos e privados, así como visitas a empresas lucenses punteiras. Mañá, luns, está previsto que manteñan un encontro de traballo co presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca. Tamén se achegarán ás instalacións da Granxa Gayoso Castro que a institución provincial ten en Castro de Ribeiras de Lea. Unha visita na que os acompañarán tamén representantes das empresas Innolact, Suministros Megaro Foods e Grupo Lence.

0.086616992950439