A Deputación de Lugo financia unhas obras de humanización na Rúa Benigno Quiroga de Láncara

SarriaXa
A Deputación de Lugo financia unhas obras de humanización na Rúa Benigno Quiroga de Láncara
Obras Lancara rotonda
14 Abr 2023

A Rúa Benigno Quiroga da Pobra de San Xiao, en Láncara, será mellorada cunhas obras de humanización que durarán aproximadamente un mes e estarán financiadas na súa maior parte pola Deputación de Lugo.

O obxectivo destas obras é que os veciños teñan unha vía máis cómoda, accesible e segura para peóns e condutores, xa que é unha das rúas máis concorridas da capitalidade municipal.

Despois da reunión da xunta do goberno local, decidiuse adxudicar as obras á empresa Leonardo Miguélez SL, cun contrato de 172.406 euros.

Ásí, mellorarase o pavimento de toda a rúa, instalaranse pasos de peóns elevados e renovarase a sinalización horizontal e vertical para mellorar a circulación, así como se porán tres prazas adaptadas a persoas con mobilidade reducida.

0.17242407798767