A Deputación de Lugo financiará un videomarcador para o pavillón José Mario González de Sarria

SarriaXa
A Deputación de Lugo financiará a compra dun videomarcador para o pavillón municipal José Mario González de Sarria
pavillon jose mario chanto sarria (2)
22 Maio 2023

O pavillón municipal José Mario González de Sarria, onde xogan os equipos de Meigallos FS, contará cun videomarcador cuxa compra e instalación correrá a cargo da Deputación de Lugo.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, explicou que “este venres se aprobou en Xunta de Goberno o convenio que canaliza a achega de 22.000 euros para renovar o marcador electrónico, que modernizará e mellorará as prestacións do recinto municipal, recoñecendo e dando a relevancia que merece ao deporte de base local”.

O novo marcador, cunha pantalla maior que o actual, reflectirá o tempo e resultado dos partidos e funcionará tamén como soporte multimedia para proxectar imaxes.

0.19024109840393