A Deputación de Lugo reforza o apoio á danza de arcos da Cervela cunha achega de 3.000 euros

A deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, asistiu á danza de arcos da Cervela, no concello do Incio, unha das manifestacións culturais máis singulares da provincia.
A representante provincial acompañou á veciñanza nunha celebración marcada por este baile cerimonial, transmitido de xeración en xeración, que se desenvolve en torno á procesión relixiosa de Santa Lucía.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a continuidade desta tradición centenaria cunha achega económica de 3.000 euros destinada á Asociación Cultural Os Turulecas do Incio, responsable da súa conservación.