A Deputación de Lugo reforzará o apoio económico á Sarriana na súa primeira tempada en Segunda Federación

SarriaXa
Efrén Castro visitou o equipo durante un adestramento e destacou o “orgullo e ilusión” de Sarria ante o salto competitivo do club da Ribela
primeiro-equipo-SD-Sarriana-2025
9 Oct 2025

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, visitou o primeiro equipo da Sarriana, que esta tempada compite na Segunda Federación despois do ascenso logrado a pasada campaña.

O responsable provincial aproveitou o adestramento deste mércores para manter un encontro co cadro técnico e os xogadores, aos que trasladou “o apoio da Vicepresidencia da Deputación para afrontar unha temporada histórica”, na que a institución provincial incrementará o respaldo económico ao club.

Durante a visita, Castro felicitou ao equipo polo seu bo inicio de liga, con tres vitorias nas cinco primeiras xornadas, incluída a última fronte ao Numancia, e puxo en valor “a ilusión e o orgullo con que Sarria está a vivir este salto competitivo” do conxunto da Ribela.

A Vicepresidencia da Deputación comprometeu un aumento do apoio económico á Sarriana, o que situará á institución provincial como o principal soporte público da entidade nesta nova etapa, marcada polo reto de consolidarse na categoría.

⚙ Configurar cookies
0.073936939239502