A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora dun tramo da estrada LU- P-5709

SarriaXa
Trátase dunha actuación importante porque esta estrada, situada entre os concellos de Sarria e Paradela, conecta a comarca sarriá coa da Ribeira Sacra
Obras-LU-P-5709-Sarria-Paradela
29 Ago 2024

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora doutro tramo da estrada provincial LU- P-5709, que conecta Sarria e Paradela cun investimento de máis 90.000 euros.

As actuacións, adxudicadas á empresa Construcciones Carballeira SL, afectan a tres quilómetros de vía entre os puntos quilométricos 10,7 e 13,8.

Os traballos, que teñen un prazo de execución de dous meses consistirán na reapertura de cunetas, na reparación de afundimentos e outros desperfectos da vía, na repavimentación e na reposición da sinalización vertical.

Trátase dunha actuación importante porque esta estrada, situada entre os concellos de Sarria e Paradela, conecta a comarca sarriá coa da Ribeira Sacra.

Tamén porque as obras complementan as realizadas pola Deputación de Lugo recentemente entre os quilómetros 5,9 e 10,7; nas que a institución investiu outros 260.000 euros.

0.08779501914978