A Deputación de Lugo inicia as obras de mellora na estrada LU- P-5713

LugoXa | SarriaXa
Esta intervención conta cun investimento que supera os 100.000 euros e forma parte do compromiso da Deputación co mantemento e a mellora da rede viaria provincial
traballos-estrada-Sarria,-LU-P-5713
27 Ago 2024

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora na estrada provincial LU- P-5713, que conecta o Concello de Sarria, a través da estrada autonómica LU-546, co Concello de Baralla pasando pola parroquia de Piñeira.

Esta intervención conta cun investimento que supera os 100.000 euros e forma parte do compromiso da Deputación co mantemento e a mellora da rede viaria provincial.

As actuacións, adxudicadas á empresa Grupo Bascuas 2008 S.L., afectan a un tramo de case dous quilómetros, concretamente dende o inicio da vía ata o punto quilométrico 1,850.

Os traballos inclúen a limpeza das cunetas, melloras no sistema de drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e a instalación de nova sinalización horizontal e vertical. O prazo de execución destas obras é dun mes, polo que se espera que estean finalizadas nas próximas semanas.

Con esta actuación, a estrada LU-P-5713 verá mellorada a súa seguridade e comodidade, en beneficio dos numerosos usuarios e usuarias que a empregan diariamente para conectar dous concellos de gran importancia na provincia.

Esta intervención reforza o compromiso da Deputación de Lugo por garantir a seguridade da circulación na súa rede viaria, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social das áreas rurais e mellorando a calidade de vida dos seus veciños e veciñas.

0.17958307266235