A Deputación desenvolveu este ano medio cento de accións para impulsar o turismo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Pilar García Porto presidiu a última reunión de 2023 do Consello Provincial de Turismo, ante o que explicou a programación realizada dende a área que dirixe para “continuar apostando por un turismo de calidade, sostible, non masificado e atractivo os 12 meses do ano”.
13 Dec 2023

Pilar García Porto presidiu a última reunión de 2023 do Consello Provincial de Turismo, ante o que explicou a programación realizada dende a área que dirixe para “continuar apostando por un turismo de calidade, sostible, non masificado e atractivo os 12 meses do ano”.

A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu este martes no Salón de Plenos da Deputación a última reunión do ano deste órgano participativo e consultivo impulsado pola institución provincial, ante o que explicou a programación realizada ao longo deste ano 2023, con medio cento de accións distintas. Destacou que con esta estratexia “se consolida o modelo de turismo da Deputación, apostando por un turismo de calidade, sostible, non masificado e atractivo os 12 meses do ano”.

A Deputación de Lugo desenvolveu un programa de accións en materia de turismo dinámico e baseado na propia experiencia da persoa que descubre a provincia a través das diferentes actividades. Deulle continuidade a programas como o Actívate, de turismo deportivo e de aventura; tamén ao Coñece a túa provincia, que volveu con dúas etapas dando a oportunidade de viaxar a case 8.000 persoas, xerando un retorno económico de medio millón de euros. Ademais, no mes de maio festexouse o Día da Transrománica con visitas guiadas a monumentos deste estilo arquitectónico en 19 concellos.

Tamén se destacou na reunión o éxito das rutas fluviais que promove a institución provincial na Ribeira Sacra. Unha iniciativa que vén de pechar unha temporada de récord, coa participación de máis de 60.400 persoas.

Neste ano, a Deputación participou en feiras como Fitur, Expocidades, Xantar, Fairway, e Produart. Así mesmo, colaborou co impulso de concertos de música clásica nos institutos coa acción Música e memes, co Primeiro Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, a Feira de San Isidro da Milagrosa ou a Feira do Bonito, entre outras. Estas son iniciativas que se combinaron cos patrocinios de eventos, como a participación do piloto monfortino Eduardo Iglesias no Dakar 2023, o Resurrection Fest 2023, o Festival Trece Roeis 2023, ou o Cume de Tapas Eróticas, entre outras.

A Deputación tamén impulsou un ano máis recoñecementos como os premios á excelencia turística e gastronómica da provincia, que recaeu na Festa da Filloa de Muimenta.

Unha colaboración pegada ao territorio

A Deputación colaborou co tecido asociativo e cos concellos da provincia para facilitar a súa actividade diaria, accións concretas ou novas dotacións que camiñan cara un turismo máis atractivo, sostible e desestacionalizado. É o caso, por exemplo, da Mancomunidade de Municipios da Mariña, o Consorcio da Ribeira Sacra, o Club Turístico Terra Chá, a asociación Aturuxeiros de Bravos, a Fundación Xesús Bal y Gay, a APEHL ou a Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua, entre outras.

Así mesmo, unha das liñas do Plan Único de Cooperación cos Concellos engloba accións e actividades en materia turística, que este ano ascendeu a preto de 150.000€ e que serve para impulsar a promoción de recursos turísticos, feiras e festas, ou campañas de promoción.

O Consello Provincial de Turismo celebrará, como vén sendo habitual desde a súa creación, unha reunión a primeiros de ano para abordar actividades do vindeiro ano, aínda que a Deputación continúa impulsando iniciativas de maneira continuada. De feito, xa está preparando a súa participación en FITUR 2024.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15461087226868