A Deputación estima un retorno de 100 euros por cada euro investido en turismo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, presidiu este venres a primeira reunión do ano do Consello Provincial de Turismo, onde avanzou este dato económico, “que evidencia que traballamos dun xeito eficaz e eficiente para lograr que a provincia medre e mellore como destino turístico”.
concello de turismo deputacion
23 Feb 2024

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, presidiu este venres a primeira reunión do ano do Consello Provincial de Turismo, onde avanzou este dato económico, “que evidencia que traballamos dun xeito eficaz e eficiente para lograr que a provincia medre e mellore como destino turístico”.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, presidiu este venres a primeira reunión do ano do Consello Provincial de Turismo, o órgano participativo e consultivo da Deputación de Lugo nesta materia. Rivera puxo o foco na importancia dos patrocinios turísticos, cos que a institución provincial “consegue un retorno económico de 100 euros por cada euro invertido, un dato moi significativo que evidencia que traballamos dun xeito eficaz e eficiente para lograr que a nosa provincia medre e mellore como destino turístico”.

Nas súas palabras, explicou que ao longo deste ano a Deputación continuará co patrocinio de eventos deportivos ou culturais, películas ou iniciativas que dan unha gran proxección ao territorio lucense. Rivera Capón salientou a idoneidade de apostar por este tipo de medidas dada a súa importancia e repercusión, e puxo varios exemplos, como o patrocinio de La Vuelta 2024, para o que a institución provincial destina 40.000 euros, que “terá un retorno enorme para a provincia en termos económicos e de promoción a nivel nacional e internacional, tanto a curto como a medio prazo”.

Así mesmo, o Deputado avanzou ante os membros do Consello as principais liñas de traballo, accións e programas que se desenvolverán neste 2024 en materia turística, dando continuidade á aposta por un turismo sostible, de calidade e baseado na propia experiencia da persoa que descubre a provincia a través das diferentes actividades. Daralle continuidade a programas como o Coñece a túa provincia, a celebración do Día da Transrománica, as rutas fluviais pola Ribeira Sacra ou os premios á excelencia turística e gastronómica da provincia.

Neste ano, subliñou, a participación da entidade provincial en feiras como FITUR, Xantar, Termatalia ou Produart. Así mesmo, manterá a estreita colaboración que mantén co tecido asociativo e cos concellos da provincia para facilitar a súa actividade diaria, accións concretas ou novas dotacións que camiñan cara un turismo máis atractivo, sostible e desestacionalizado.

Rivera Capón tamén avanzou a continuidade das liñas do Plan Deputación que inclúen accións e actividades en materia turística, e que no pasado ano ascendeu a preto de 150.000 euros destinados a impulsar a promoción de recursos turísticos, feiras e festas, ou campañas de promoción.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15722894668579