A Deputación licita por máis de 1 millón de euros o contrato de conservación de estradas no sur da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación, por un importe superior ao millón de euros, do contrato de conservación e mantemento das estradas provinciais incluídas no lote 3, correspondente á zona 7 do mapa viario provincial. Este ámbito territorial abrangue os concellos do Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil.
O contrato terá unha vixencia inicial de dous anos e contempla a posibilidade de prorrogarse por un exercicio máis, co obxectivo de garantir a seguridade e a mellora da rede viaria provincial nestes municipios da montaña e do sur lucense. A actuación inclúe traballos de mantemento ordinario, reparación de firmes, mellora da sinalización e outras tarefas necesarias para asegurar a circulación en condicións óptimas.