A Deputación mellorará a estrada LU-P-5709, que une os concellos de Sarria e Paradela
SarriaXa
A Deputación aproba obras por 270.000 euros na estrada provincia LU-P-5709, que une os concello de Sarria e Paradela.
4 Mar 2023
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a licitación por preto de 600.000 euros dos contratos de obras para a acometer a mellora da estrada provincial, LU-P-5709, que une Sarria e Paradela. Así o informou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto.
Así, a licitación das obras de rehabilitación da estrada LU-P-5709, ao seu paso polos concellos de Sarria e Paradela foi aprobado cun investimento de 270.000 euros.
"Esta é a estrada que comunica Santa María con Castro de Rei de Lemos por Vilamaior, que melloraremos nun treito de 5 quilómetros, dende o punto quilométrico 5,9 ó 10,7, e o prazo de execución é de 2 meses, unha vez que comecen os traballos", avanzou a deputada.