A Deputación renova por 10 anos a declaración da reserva da biosfera Terras do Miño

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación logrou renovar por dez anos máis a declaración da Reserva da Biosfera Terras do Miño, a primeira que se recoñeceu en Galicia –no ano 2002-, a máis extensa da comunidade autónoma e a segunda de toda España, e a única da Península Ibérica que alberga no seu territorio unha capital de provincia.
reservas da biosfera lucenses
14 Oct 2023

A Deputación logrou renovar por dez anos máis a declaración da Reserva da Biosfera Terras do Miño, a primeira que se recoñeceu en Galicia –no ano 2002-, a máis extensa da comunidade autónoma e a segunda de toda España, e a única da Península Ibérica que alberga no seu territorio unha capital de provincia.

“Conseguimos o preceptivo informe positivo por parte do Consello Científico do Comité Español do Programa MaB da Unesco, un órgano dependente do Goberno do Estado que está formado por 22 científicos de universidades ou centros de investigación. Este informe será ratificado pola Unesco previsiblemente a mediados do vindeiro ano”, explicou García Porto.

A avaliación realizada “recoñece o compromiso e o traballo” da Deputación de Lugo “en favor da preservación, da posta en valor e do desenvolvemento sostible deste territorio” a través dos plans de xestión aprobados e acometidos pola institución, algo que fai, ademais, “da man dos concellos e dos axentes sociais e económicos que forman parte da Reserva” a través dos órganos de xestión e de participación, subliñou a Deputada.

De feito, argumentou, o informe elaborado polo Consello Científico do Programa MaB “destaca a posta en marcha dun gran número de actividades e iniciativas de conservación da biodiversidade e do patrimonio natural”, iniciativas como o programa Life in Common Land, levado a cabo con fondos europeos e en colaboración coas universidades de Santiago e A Coruña co obxectivo de favorecer o desenvolvemento sostible da Serra do Xistral, que forma parte da Reserva, así como “a implicación social dos veciños e veciñas dos 26 concellos” que integran Terras do Miño.

A decisión, recalcou a voceira socialista do Goberno, “avala a xestión que fixemos ata o momento na Deputación e supón un novo impulso para continuar adiante coas nosas políticas públicas para coidar os inmensos recursos naturais cos que contamos na nosa provincia e aproveitalos para favorecer un desenvolvemento social e económico de maneira sostible”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14536023139954