A directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia visitou o CAPD de Sarria

SarriaXa
Abeijón destacou o crucial traballo realizado no CAPD para mellorar a autonomía e o benestar das persoas que acoden diariamente a este espazo
Discapacidade-CAPD-Sarria
2 Jan 2025

A directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, visitou o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria onde compartiu tempo cos usuarios e profesionais do centro, desexándolles un ano novo próspero.

Na súa visita, Abeijón destacou o crucial traballo realizado no CAPD para mellorar a autonomía e o benestar das persoas que acoden diariamente a este espazo.

A directora xeral expresou o firme compromiso da Xunta de Galicia de cara ao 2025 con facer da rexión un lugar accesible para todas as persoas, garantindo o acceso aos servizos que necesiten.

Para lograr este obxectivo, afirmou que continuarán fortalecendo as políticas de atención á discapacidade, asegurando: "blindaremos un ano máis as nosas políticas de atención á discapacidade".

Esta visita subliña a importancia de continuar investindo e traballando para construír unha sociedade máis inclusiva, donde todos poidan desenvolver o seu potencial en igualdade de condicións.

0.081655025482178