A edición 7 da revista Macheta contou coa colaboración de 22 persoas
A revista contracultural Macheta foi presentada ao público na súa sétima edición o pasado domingo, unha publicación que foi creada nos seus inicios polo club Teixo e recuperou Huhú, e esta edición é un traballo editorial colectivo entre membros de Huhú, Teixo, e múltiples persoas individuais que se implicaron no proceso.
Nesta publicación, que explican “non sairá só durante o mes de agosto de cada ano”, vinte e dúas persoas participaron e colaboraron na súa creación e a maioría dos escritos recibidos para publicar foron de mulleres.
Segundo os seus creadores, Macheta “plantexa un compromiso claro co pensamento crítico e coa movilización dos pobos, e faino desde un punto independente, activo e libre de compromisos con grupos electorais”.
Por último, anunciaron que, “grazas ao apoio mostrado polo público asistente á presentación, o número 8 da revista, baixo o título ‘Especial retroceso’, presentarase durante os vindeiros meses.
Colaboracións
Entre as persoas que colaboraron, Raúl Vázquez de la Torre amosouse en redes sociais moi “agradecido de publicar nesta nova etapa dun medio que forma parte da historia de Sarria”
El publicou un poema dedicado a Matías Moreno, o seu profesor de guitarra, “que fixo xerminar a xeracións de músicos”, explica, o que lle removeu moitos sentimientos: “sentín toda a forza adolescente que nese espacio deixamos cando eramos pura enerxía punk acelerada”.
Por último, quixo felicitar á Asociación Huhú “por un traballo feito, con moito agarimo e por ser un novo respiro para a escea artística e cultural da nosa vila”.