A envexa

RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
A actriz e escritora mariñá Luisa Aguado plasma nesta colaboración as súas inquedanzas sobre trancorrer da vida
Luisa aguado
10 Jun 2021

Por Luisa Aguado

Que é a envexa? Pódese dicir que é querer ter o que o outro posúe ou crer que o outro non se merece o que ten e/ou desexarlle fracaso… A envexa é un mal maior orixinario dos defectos que acosan ao ser humano. Lembremos a  Caín e Abel na Biblia ou Dante  Alighieri nos seus famosos pecados capitais, pero xa centrándonos en España grandes escritores referíronse a ela. Cervantes coa súa obra O Quixote, nos seus consellos a Sancho chámaa “Raíz de infinitos males e caruncho das virtudes”. Para Francisco de Quevedo é un pecado especialmente inútil e que non dá satisfacción algunha “Morde e non come”.

Xa centrándonos no aquí e agora, considero que a envexa anula e empobrece a un país humana, social e  espiritualmente. Hoxe en día estes males maiores vanse facendo grandes nas sociedades do mundo. A envexa crea unha infelicidade continua e unha negación de se mesmo e do outro. E a miña pregunta é esta, por que non es capaz de celebrar o triunfo dun alleo?, por que non te alegras do avance, do premio, do pago a esa loita que o teu compañeiro, amigo ou veciño mereceu?.

Cando alguén triunfa adóitase escoitar: “Bo…xa sabes como chegou aí, xa cho imaxinas” ou “Amiguismo, ti xa sabes” ou “Comprando a alguén se chega rápido…” e vinte mil insinuacións mais de todo tipo que non imos reproducir aquí. É verdade que nalgúns casos, pódese dar deste xeito non o imos negar, pero o que non podemos é ser tan viles de desprezar ao que triunfa, a ese que finalmente chegou á cima. O triunfo é o elixir, e o triunfador é aquel ourive que se entrega día e noite a esa peza final que tanto suor e malos soños tróuxolle.

Eu sei que ti te sentes menos ao ver a un triunfador. Pensas que quizá eras merecedor antes que ela ou el e pregúntaste porque a ti non che tocou esa sorte. Ás veces non podemos comprender o tratado oculto de todos os feitos do comportamento humano, todos os factores que inflúen nunha resposta da vida, nunha situación. Pero pensa que quizais descoñeces detalles do asunto e da vida persoal e profesional desa persoa. Descoñeces os seus soños, as súas noites en vela, os seus desexos de mellorar e prosperar. Quizais descoñezas que  apostou todo á única baralla e gañou. Isto amólache?, ti podes facelo, aposta ti á única baralla. Faino! Gaña ou perde. Sénteste preparado?, é duro, eh. Hai medo? Probablemente... Entón prefires seguir vivindo, sobrevivindo de maneira mediocre, sen sobresaltos, co teu pequeno soldo, tendo o teu horario fixo (nin unha hora máis, por suposto) e indo tomar a túa copa e o teu cafecito todos os días, sen momentos incertos, sen desgaste persoal, sen pensar en mellorar. Está ben non hai problema, existen moitas persoas que non queren sobresaltos na vida, só sobrevivir ou vivir comodamente, sen incertezas rodeados de seguridade. Pero por suposto ti xa escolliches o teu obxectivo, entón deixa mellorar ao outro, déixao crecer, deixa que exprese a súa creatividade, o seu talento e o seu mundo a través do seu anhelo. Non ensucies o éxito do outro con miradas absurdas, con desprezos, con malos modos, con críticas punzantes. Déixao en paz!, deixa vivir ao que triunfa, admite que el goce do seu éxito, do seu poder, do seu diñeiro, das súas amizades, dos seus bens, dos seus amigos. Acéptao dunha vez, porque xa hai moito tempo que ti escolliches, tiveches a opción e decidiches permanecer estático, non emprender, que ninguén che moleste. Decidiches o sofá da túa casa e a pantalla de televisión no canto de noites en vela ou momentos incertos. Non  ensucies o triunfo do outro coas túas malas miradas e malos desexos. Agora só podes calar. Regresa pois á túa pantalla de televisión e ao teu silencio.

Articulo baixo R. P. Intelectual da autora


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.063456058502197