A Escola de Música de Sarria organiza unha xornada de portas abertas para coñecer a Coral Polifónica

SarriaXa
Esta tarde, ás 20.
Coral polifónica de Sarria
20 Out 2023

Esta tarde, ás 20.00 horas, terá lugar unha xornada de portas abertas na Escola Municipal de Música de Sarria para todas as persoas interesadas en coñecela.

Concretamente, actuará a Coral Polifónica de Sarria, que mostrará ás persoas que se acheguen os resultados do seu traballo no ámbito da música e a vocalización.

Esta iniciativa proponse co fin de que os veciños e veciñas de Sarria que quieran participar da Coral Polifónica de Sarria resolvan as súas dúbidas e se animen a apuntarse a este grupo de cantantes.

portas abertas coral polifónica Sarria
0.069988965988159