A Escola Oficial de Idiomas de Sarria abre o proceso de selección de alumnado
A preinscrición poderá realizarse ata o 10 de xullo.
A Escola Oficial de Idiomas de Sarria mantén aberto o prazo de preinscrición no curso 2022/2023 ata o vindeiro día 10 de xullo. O interesados poderán anotarse a través de internet, entrando na páxina web www.eoiodigital.com/preinsxunta.
A Escola brinda a oportunidade para aqueles que comecen as súas clases de integrarse no grupo de A1 de inglés, pasando por diferentes niveis ata chegar aos máis avanzados coma o C1.1.
As clases están estructuradas para pequenos grupos en horario de tarde. O custe do curso ronda os 100 euros, que virían sendo un total de 120 horas.
O pago pode realizarse fraccionado e tamén se dispoñerá de descontos en casos coma o de familia numerosa ou de discapacidade.
A fase de matrícula será aberta en xullo, nos días comprendidos entre o 12 e o 20 dese mes.