A escola rural da parroquia de Río, podería chamarse escola Elvira López Mourin
Tal e como vén de anunciar o alcalde do concello de Láncara, el mesmo proporá no vindeiro pleno a posibilidade de que a escola rural da parroquia de Río, reciba o nome de escola Elvira López Mourin.
O motivo de tal nomeamento, non é outro que render homenaxe a esta enfermeira que coa súa traxectoria convertíase na primeira muller en exercer esta profesión e na primeira voluntaria tamén en parcipar nun voo sanitario. Todo un orgullo para o concello de Láncara.
Na actualidade está a ter lugar unha exposición itinerante titulada Elvira López Mourín: unha enfermeira de altura, que se presenta acompañada de varias conferencias e conta coa participación e intervención de numerosos expertos, investigadores, profesores e coa figura da presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello López.
O propio Darío Piñeiro, alcalde de Láncara, asistiu á inauguración desta mostra no Centro Polifuncional do Campo da Feira, acompañado por varios membros do seu equipo de goberno.
O rexedor salienta a importancia de darlle visibilidade “á historia de mulleres coma Elvira, pioneira da enfermería ao participar nun voo médico na guerra do Rif en 1922 e veciña de Láncara”. E tamén puxo en valor “o traballo que se desenvolveu dende a Academia de Enfermería de Galicia e dende o Colexio de Enfermería de Lugo por impulsar actividades para que a súa figura se coñeza”.