A escritora Yolanda Díaz Gallego presenta en Samos o libro 'Decidín desvelar o proceso'

O vindeiro martes, 7 de outubro, celebrarase na biblioteca do CEIP Samos a presentación do libro 'Decidín desvelar o proceso. Na galeguidade asentouse o compromiso. Acción e evolución no Uruguay 1954-1978)', da autora sarriá Yolanda Díaz Gallego, que reside en Barcelona tras unha longa traxectoria vinculada á defensa do galego en Uruguai. O encontro, previsto para as 12:30 horas, estará aberto a toda a veciñanza.
Díaz Gallego, que marchou ao exilio con súa nai e irmáns, desenvolveu no país sudamericano un intenso labor cultural e social. Alí foi secretaria xeral do Banco de Galicia, participou na fundación do Teatro Popular Galego de Montevideo e tamén formou parte do Patronato da Cultura Galega.
Na súa obra recolle a memoria da emigración galega a través das súas propias vivencias, ofrecendo un testemuño directo da diáspora.