A estrada LU-642 está a ser mellorada ao seu paso polo Incio despois de que o alcalde lle pedira á Xunta o seu acondicionamento

SarriaXa
A estrada LU-642 está a ser mellorada ao seu paso polo Incio despois de que o alcalde lle pedira á Xunta o seu acondicionamento
Hector Corujo e Javier Arias O Incio
11 Maio 2023

Xa comezaron as obras de acondicionamento do firme da estrada LU-642 ao seu paso polo Concello do Incio, onde o alcalde, Héctor Corujo, valorou positivamente esta inversión para o concello: “Creo que é unha inversión importante que nos permite mellorar a calidade das nosas vías. Esta estrada é unha das máis importante do municipio, necesitábamos reforzar o firme e volver a pintar as marcas que aran case inapreciables”.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é a encargada de levar a cabo as obras e Corujo destaca o compromiso deste organismo co concello, pois “pedinlle persoalmente que nos axudara co acondicionamento da estrada e, a pesares das dificultades, puido atopar unha solución ao facer a obra en dúas fases”. Así, reuniuse co delegato territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Os traballos estanse a desenvolver nun treito de 2.620 metros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 17+150 e 19+770, entre a igrexa de San Pedro Fiz de Hospital e a ponte sobre o río Cabe en Trascastro,

“Cando remanten as obras desta primeira fase, continuará coa segunda fase na que se acondicionará a estrada desde o río Cabe ata Herrería”, explicou Corujo.

Esta intervención, que ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria, supón un investimento autonómico de preto de 140.000 euros. Para poder acometer as obras, habilitáronse carrís alternativo de circulación e sinalización provisionais ante as posibles interrupcións do tráfico.

0.12236499786377