A exposición 'BISBARRA: Na parede está todo' pode visitarse esta fin de semana

SarriaXa
A exposición reúne obras de veciñanza creadora nunha instalación que sitúa todas as voces ao mesmo nivel
Bis-Barra-na-parede-esta-todo-exposición-Trienal-Asociación-Huhú-Sarria
10 Jan 2026

Esta fin de semana pódese visitar en Sarria a mostra BISBARRA: Na parede está todo, unha exposición que celebra a arte e a diversidade que caracterizan á comunidade local. A cita terá lugar na SEDE-Núcleo Difusor de Arte Contemporánea, o sábado 9 de xaneiro de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 e o domingo 10 de xaneiro de 12:00 a 14:00.

A exposición preséntase cunha instalación na que todas as obras se colgan á altura dos ollos e se dispoñen en liña, buscando situar todas as voces ao mesmo nivel. Desde a asociación Huhú destacan que esta relación visual entre parede e chan funciona como metáfora do sostén da mostra: o que se exhibe e quen a contempla.

Ademais, case a metade das pezas proceden de mulleres, un xesto que desmonta a idea de que o rural fala cunha única voz. Concebida como unha radiografía do Sarria que persiste cando ninguén observa, a exposición recompila memoria familiar, escola, afección e continuidade. Moitas das creacións veñen acompañadas de emoción e inseguridade, sentimentos que, segundo a entidade cultural, tamén conforman a identidade da comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.082924127578735