A exposición 'Cobras' poderá visitarse por penúltima vez este sábado na Sede

SarriaXa
A Asociación Cultural Huhú anima a toda a veciñanza de Sarria e da comarca a achegarse esta tarde de sábado
exposición-Cobras-A-sede-Huhu-Sarria
Imaxe de Mercedes Vázquez Saavedra
26 Apr 2025

A Sede Núcleo Difusor de Arte Contemporánea acolle a penúltima das visitas á exposición COBRAS, creada polos artistas Misha Bies Golas e Diego Vites durante a súa residencia artística nas instalacións de Viarco, en Portugal.

A Asociación Cultural Huhú anima a toda a veciñanza de Sarria e da comarca a achegarse esta tarde de sábado, 26 de abril, en horario de 16:00 a 19:00 horas e contemplar a mostra.

COBRAS invita aos visitantes a mergullarse nunha experiencia visual e creativa única, onde se exploran novos linguaxes e propostas artísticas.

Ademais, a exposición tamén conta coa participación de Manuela Pereira, cunha peza de vídeo, e Vanda Madureira, que introduce un texto.

⚙ Configurar cookies
0.13766312599182