A exposición De Amor e de Amigo inaugúrase mañá en Paradela

SarriaXa
A exposición De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos, inaugurase mañá, venres día 22, a partir das 13 horas.
3 Jun 2021

A exposición De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos, inaugúrase mañá, venres día 22, a partir das 13 horas, no Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela. No acto de inauguración está prevista a participación do alcalde de Láncara, José Manuel Mato; da Comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, e dos presidente e secretario de APECSA, Xosé María García Palmeiro e José Salgado, respectivamente.

Esta exposición, na que que se recollen as dez cantigas deste trobador medieval, dos primeiros da lírica galega, está organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), no marco do programa da Xunta de Galicia, O teu Xacobeo. O xornalista Luís Celeiro é o seu comisario.

En Láncara, estará aberta, en horario de 16 a 21 horas, de luns a venres, ata o 15 de xuño de 2021. Noutros horarios, os interesados deberán concertar visita no teléfono: 982 54 11 01. A exposición ten carácter itinerante, estivo en Sarria e en Láncara e, despois de Paradela, estará en Triacastela (18 de xuño –29 de xuño 2021), en Samos (2 de Xullo 21 de xullo 2021), en O Incio (22 de xullo –5 de agosto 2021), en Folgoso do Courel (6 de agosto – 17 de agosto 2021), Portomarín (19 de agosto – 30 de agosto 2021) e Pedrafita do Cebreiro (1 de setembro – 11 de setembro 2021).

0.11518287658691