A exposición de Xela Arias chega ao Ramón Piñeiro de Láncara

SarriaXa
O CPI Ramón Piñeiro, da Pobra de San Xiao no Concello de Láncara, acolleu onte a presentación da mostra itinerante Aquela nena de Sarria.
alumnos aquela nena de sarria
15 Jun 2021

O CPI Ramón Piñeiro, da Pobra de San Xiao no Concello de Láncara, acolleu onte a presentación da mostra itinerante Aquela nena de Sarria, un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se adica este ano o Día das Letras Galegas, e que conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega.

Participaron no acto membros do equipo docente deste centro e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Exposición

A exposición, composta por doce paneis, reflicte o tempo sarrián e lucense de Xela Arias, a súa querenza por Sarria e o rural, o seu vencello co noso idioma, e o empeño en que se recoñecese Xela como o seu nome real. Complétase a mostra con poemas dirixidos a Xela por alumnos/alumnas dos Institutos sarriáns Xograr Afonso e Gregorio Fernández, por poetas de Sarria, e de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou, e ata un conxunto de Vilariñas, especiais micropoemas con imaxes cos que un grupo de membros da Nova Poesía Guitírica honra a Xela no seu Ano.

Complétase a mostra cunha serie de fotografías facilitadas pola familia de Xela, e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias, que conforman un especial complemento ás fotografías que foron o punto de partida da autora para este traballo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16777086257935