A exposición 'Mulleres' de Mercedes Vázquez estará na antiga biblioteca municipal de Samos

SarriaXa
A mostra poderá visitarse do 2 ao 18 de outubro de luns a venres e en horario de mañá
exposición-Mercedes-Vázquez-Sarria
1 Out 2024

A Antiga Biblioteca de Samos acollerá desde o día 2, mércores, ao 18, venres, de outubro, a exposición fotográfica "Mulleres", da sarriá Mercedes Vázquez.

A fotógrafa e experta en etnografía, levará unha das súas exposicións a Samos despois de ter na antiga prisión preventiva de Sarria a súa mostra ‘Traballos do campo’, que tivo unha gran acollida.

Desta maneira, todas as persoas que queiran desfrutar desta exposición en Samos, na que as protagonistas son as mulleres, maioritariamente da Raia, poderán ahcegarse en horario de luns a venres de 09.00 a 14.30 horas, aínda que se alguén quere ir noutro horario, poderá facelo poñéndose en contacto co Concello.

0.17647194862366