A exposición ‘Os Vieiros de Asorey’ estará exposta en Samos no mes de agosto
SarriaXa
A mostra estará exposta con motivo de que o Día das Artes Galegas está dedicado ao escultor cambadés Asorey
19 Jul 2024
A Real Academia Galega de Belas Artes celebra este 2024 o seu 175 aniversario, e dedica o Día das Artes Galegas ao escultor cambadés Asorey.
Por este motivo, do 2 ao 23 de Agosto, o Concello de Samos acolle na praza Vergara Vilariño, a exposición ‘Os Vieiros de Asorey’, contribuíndo desta maneira á difusión da obra do escultor, e achegándoa á veciñanza para que todo o mundo poida desfrutala.
A exposición, ademais, incluirá textos de Felipe-Senén e o comisario e fotografías son de Xurxo Lobato.