A exposición pública o proxecto dunha nova liña eléctrica no Incio
SarriaXa
Dende o 4 de febreiro, e durante 20 días hábiles, os propietarios de terreos afectados poden presentar as súas alegacións ao proxecto
7 Feb 2021
O proxecto para a construción dunha nova liña eléctrica no Incio afecta a algunhas parcelas do municipio. O expedente do proxecto está en fase de exposición pública, durante 20 días hábiles a contar desde o pasado 4 de febreiro, para que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan presentar as súas alegacións.
Durante este prazo poderase examinar tamén o proxecto das novas instalacións, que contempla o cambio do centro de transformación da Cruz do Incio, así como dúas liñas soterradas e unha aérea.
Ata o momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer ademais alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados.