A Extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas de Lugo presenta novidades para o curso 2024-25

SarriaXa
Tamén haberá novos obradoiros prácticos sen exames, un día á semana, para mellorar falando e escoitando
EOI-Sarria
16 Xul 2024

A Extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas de Lugo presenta novidades para o curso 2024-25, xa que ademais dos habituais cursos oficiais de B1, B2.1, B2.2 e C1.1 en horarios de tarde ou tarde-noite, ofertan novos grupos.

Concretamente, un único grupo de nivel básico A1-A2, que permite acadar a certificación de A2 nun ano; e un grupo de B1 semipresencial, con só unha clase presencial por semana e tarefas en liña.

Tamén haberá novos obradoiros prácticos sen exames, un día á semana, para mellorar falando e escoitando sobre diversos temas interesantes (viaxes, relacións persoais, tecnoloxías, educación, traballo, temas sociais, consumo, natureza, alimentación e vida saudable, cultura, actividades de lecer, etc.) dirixidos a quen quere entender máis e falar mellor inglés partindo dun nivel de B1 (monográfico destrezas orais B2 dos martes ás 6) ou de B2 (monográfico destrezas orais C1 dos mércores ás 6)

Desta maneira, desde o vindeiro día 22 de xullo está aberto o prazo de matrícula ata cubrir as vacantes que queden en todos os grupos.

0.1791889667511