A fadista María do Ceo dará un concerto mañá en Sarria
A cantante interpretará a partir das 19.00 horas un concerto de fado e outras músicas para amenizar a romaría da Virxe dos Remedios de Sarria.
O concerto está patrocinado pola Xunta de Galicia. O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, e a propia artista presentaron a actividade no entorno da ermida dos Remedios.
Arias celebra que a romaxe volva ao seu formato habitual tralas restricións impostas pola pandemia e apunta que “será unha ocasión inmellorable para desfrutar da beleza dos fados tradicionais da man desta artista recoñecida internacionalmente, que actúa como embaixadora da cultura galega por todo o mundo”.
O delegado fixo fincapé tamén en que a Xunta está a estender a celebración do Xacobeo ao conxunto do territorio, dinamizando vilas e cidades con diferentes de propostas culturais. “Seguiremos apostando por unha programación descentralizada que chegue a toda a provincia e para todo tipo de públicos”, afirma Arias.