A familia de Santiago Rodríguez recibirá o título de Fillo Adoptivo de Paradela o 16 de abril
SarriaXa
O Concello de Paradela celebrará o vindeiro 16 de abril o funeral por Santiago Rodríguez López, falecido o 19 de marzo en Bristol (Reino Unido) a partir das 18.
10 Abr 2024
O Concello de Paradela celebrará o vindeiro 16 de abril o funeral por Santiago Rodríguez López, falecido o 19 de marzo en Bristol (Reino Unido) a partir das 18.00 horas no centro multiusos de Paradela.
A continuación da ceremonia relixiosa, a familia vai recibir o título de Fillo Adoptivo de Paradela, concedido por unanimidade do pleno do Concello o 21 do pasado mes de marzo e entregado a título póstumo dous días despois do seu pasamento.
As cinzas do xenetista e catedrático serán traídas desde o Reino Unido pola viúva e o seu fillo e, despois dos actos relixioso e civís, serán enterradas no Panteón de Paradelenses Ilustres, onde repousan os restos do seu pai, Fillo Predilecto de Paradela.