A Fapacel organiza un ciclo de relatorios en liña para familias

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Darán comezo o día 29 e falarán sobre Abalar, a resolución de conflitos e a realidade LGTBI, entre outros temas
charlas-fapacel
9 Jan 2025

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos de Lugo (Fapacel) puxo en marcha unha serie de charlas gratuítas dirixidas ás familias, ofrecidas en formato en liña e abertas a todas as ANPAS interesadas. Esta iniciativa responde ao interese por abordar temas de actualidade e de gran demanda por parte das familias.

As sesións tratarán asuntos como as Competencias Dixitais, que inclúen o uso de Abalar e o control parental; Co(n)razón, centrada en disciplina positiva e resolución de conflitos; Estilos Parentais e Educación Emocional; así como a Realidade LGTBI+, promovendo a inclusión e o acompañamento nesta área.

Para desenvolver este ciclo de charlas, Fapacel conta coa colaboración de entidades como a Fundación Guillén Veiga Iglesia, Arelas, Leticia Gutiérrez e o Hospital Ribera Polusa.

As actividades darán comezo o 29 de xaneiro de 2025. Para participar, é necesario inscribirse a través dun formulario que será enviado ás ANPAS asociadas e publicado na páxina web oficial da Fapacel.

0.15072989463806